RESUMO MÓDULO 1:
MARCO CONCEPTUAL
MARCO CONCEPTUAL
O módulo 1 está composto por tres temas: 1 Actualización do mercado laboral. 2 Iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral. E 3 Actualización do marco de referencia da orientación laboral.
TEMA 1: ACTUALIZACIÓN DO MERCADO LABORAL
O primeiro tema comeza pola definición do mercado laboral e os elementos que o compoñen (oferta e demanda). Son dúas, as principais teorías (clásica e keynesiana) que formulan o equilibrio do mercado. Así, dende o punto de vista da Teoría Clásica, o funcionamento do mercado de traballo e a rixidez dos salarios á baixa son a causa do paro. Pola contra, segundo a Teoría Keynesiana, a insuficiente demanda agregada da economía é a causa do paro. O mercado de traballo é un mercado intervido e regulado mediante o establecemento dunha norma, un prezo mínimo (o SMI) superior ao salario de equilibrio.
Como sabemos, o paro ten efectos sobre as personas paradas (psicolóxicos, económicos), sobre as persoas ocupadas e sobre a economía no seu conxunto (perda de capacidade produtiva, máis pobreza e desigualdade, escasa demanda interna e declive da economía do benestar). O principal indicador do paro é a EPA (Enquisa de Poboación Activa). Neste primeiro tema, vimos que existen catro tipos de paro: o estructural, o paro friccional, o Cíclico e o paro Estacional.
O Mercado laboral actual é moi moi dinámico e cambiante, coñecer a súa situación actual e as previsións da súa evolución beneficia no momento de fixar o noso obxectivo laboral. Por iso é importante coñecer: a normativa actual do mercado de traballo e das relacións laborais (tanto a nivel autonómico, estatal e europeo), cómo se comportan as ocupacións, cáles son os novos xacemento de emprego (catro grandes grupos: servizos da vida cotiá, servizos de mellora da calidade de vida, servizos de lecer e servizos medio ambientais).
Neste primeiro tema, vimos tamén cómo se clasifican as ocupacións (CNO-11) e cáles son os principais instrumentos e ferramentas para o estudo do mercado de traballo (o observatorio ocupacional do SEPE, o observatorio ocupacional do SPEG, o Observatorio Europeo do Emprego (OEE) e a propia prospección do mercado de traballo. Estas ferramentas son útiles para coñecer cómo se comporta o mercado laboral, cáles son as ocupacións máis demandadas e qué sectores son os que progresan, establecer políticas activas como a formación axeitada ás demandas reais do mercado,...
Existen dúas liñas principais para a busca de emprego: por conta allea (na empresa privada ou na empresa pública) ou ben por conta propia. É importante coñecer cómo funciona a empresa pública (tipos de empregados que hai, sistema de acceso,...), cómo se pode acceder á oferta na empresa privada a través de diversos organismos adicados á intermediación laboral, ou coñecer os trámites burocráticos que implican traballar como autónomo ou socio dunha empresa así como as axudas e subvencións das que se poderían beneficiar.
TEMA 2: A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL
Tema 2: Este segundo tema abarca unha das vías de acceso ao mercao laboral: a iniciativa emprendedora. Os informes GEM poñen de manifesto como é a dinámica do emprendemento tanto en España como en Galicia. A crise provocou unha reducción significativa en parte polo modelo productivo que temos baseado en pymes (hostalaría, turismo e construcción), que demanda escasa cualificación. A esto hai que sumar os principais factores desmotivadores para emprender como son: as nosas propias barreiras mentais, a falla de ideas e formación específica para o emprendemento, a falla de finanzamento e o temor ao fracaso. Sen embargo, o grao de benestar e riqueza dunha economía está directamente relacionado coa súa actividade emprendedora. É necesario cambiar o modelo productivo. O informe GEM recomenda para favorecer o aumento do emprendemento: implantar materias de emprendemento na etapa escolar, mellorar o finanzamento, formación específica para detectar oportunidades e reducir os trámites.
A Economía Social e as súas empresas presentan unhas características que as diferencian das empresas capitalistas ordinarias (primacía das persoas e do fin social sobre o capital, aplicación dos resultados ao fin social da empresa e promoción da solidariedade). Pero implica: un elevado grao de compromiso, dificultades para ser competitivos e financiarse. A Economía Social ten efectos na cohesión social (ocupación de colectivos con dificultades, igualdade de oportunidades, calidade no emprego) e na cohesión territorial (xeración de riqueza no ámbito rural, fixa poboación). O emprendemento social ten moito que achegar á construción do novo modelo económico que tanto necesita a economía española para sair da crise.
/>
Tres son os elementos clave para por en marcha unha iniciativa emprendedora: a idea ou actividade a emprender (o importante é detectar oportunidades e ser innovador e someter a idea a unha valoración sobre o producto, a estratexia e o mercado), a persoa emprendedora (debería posuír algunhas características, para que lle resulte máis fácil levar a cabo a súa iniciativa como competencias e habilidades en xestión empresarial, Orientado cara á xente, entusiasta e con motivación, correr riscos,...) e o plan de empresa (onde se plasman as reflexións realizadas para converter a idea nun proxecto empresarial concreto, a forma de materializalo e de levalo adiante). O Modelo CANVAS, preséntase como unha ferramenta de análise do proxecto que permite, a partir da idea, elaborar modelos propios de desenvolvemento do negocio e validar as súas posibilidades de éxito.
Catro son as fases da creación de empresa: xestación, análise, posta en marcha e consolidación.
Os orientadores laborais teñen un papel importante no fomento do autoemprego e a creación de empresas, por iso debe coñecer o proceso de posta en marcha dun proxecto empresarial para guiar á persoa emprendedora.
TEMA 3: ACTUALIZACIÓN DO MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL
No tema 3 defínese a organización, estructura e competencias do SEPE e do SPEG. Debe quedar claro que a gran diferenza entre estes dous organismos é que o Servizo Público de Emprego de Galicia executa as políticas activas de emprego mentras que o Servizo de Emprego Público Estatal ten competencia exclusiva nas políticas pasivas.
Para acelerar a recuperación e a creación de emprego, a reforma do mercado laboral articula unha serie de medidas urxentes adicionais de fomento da contratación e a creación de emprego: redución das cotizacións (contratos indefinidos, Garantía Xuvenil), medidas para favorecer o contrato estable (contratos para a formación e o aprendizaxe, contrato indefinido para emprendedores,...), Estratexia de Emprendemento e Emprego Novo 2013- 2016.
O marco da política de emprego en España, ven definido por: A Estratexia Española de Activación para o Emprego, os Plans Anuais de Política de Emprego (PAPE), o Sistema de Información dos Servizos Públicos de Emprego, Plan Anual de Reformas de España, a Estratexia Europea de Emprego 2020 (estratexia común).
ASPECTOS APLICABLES Ó MEU TRABALLO COMO ORIENTADORA LABORAL
Este módulo 1, toca un dos pilares fundamentais que debe coñecer un bó profesional da orientación laboral: o coñecemento do mercado laboral e o seu dinamismo.
Para poder orientar e guiar a unha persoa no seu proceso de busca de emprego, é fundamental que como orientadores/as laborais, sepamos en qué sectores se xera emprego, manexar como vía de busca de emprego o emprendemento, estar ao día das medidas políticas para a activación do emprego, etc .
O autoemprego preséntase como a vía de busca de emprego, quizáis máis descoñecida para nós (ao menos para min) porque é un papel asumido polos Axentes de Desenvolvemento Local. Sin embargo, considero, que un bo traballo de orientación pasa por un bo traballo en equipo, con distintos profesionais que se complementen. Como orientadora laboral, podo detectar unha persoa emprendedora e derivala a un profesional como un Técnico de Desenvolvemento Local para que poida traballar con ela na posta en marcha do seu proxecto. Coñecer as fases, pasos que deben darse para o emprendemento pode axudar ao profesional da orientación laboral, a motivar ás persoas que, tendo potencial, non están convencidas.
Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /
ResponderEliminar